Home / Cultura / Libros infantís gratuítos para particulares e entidades na Axencia de Lectura da Gándara

Libros infantís gratuítos para particulares e entidades na Axencia de Lectura da Gándara

FERROL360 | Mércores 31 xullo 2019 | 11:03

A Axencia de Lectura municipal da Gándara, na Casa da Mocidade, ofrece libros infantís gratuítos á veciñanza e entidades interesadas. Estes libros proceden do expurgo realizado no fondo infantil da Biblioteca municipal.

Ata o vindeiro 6 de agosto entregaranse os libros entre as persoas interesadas no horario de apertura das instalacións: os luns de 10.30 a 13.30 e os martes e xoves entre as 18.00 e as 21.00 horas. O expurgo realizado responde ao proceso de actualización e renovación dos actuais fondos, retirando os máis antigos para poñelos á disposición da veciñanza, explica a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo.

Ademais, esta semana a Axencia de Lectura municipal da Gándara acolleu un obradoiro de grilandas coas que se decorará o espazo da Biblioteca municipal que se habilitará no festival da cultura viaxeira Gulliver Fest este sábado na área recreativa de Pedroso.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies