Home / Actualidad / Licitadas as obras para reformar e aumentar as prazas da Escola Infantil de Pontedeume

Licitadas as obras para reformar e aumentar as prazas da Escola Infantil de Pontedeume

Escola Infantil de Pontedeume  ‘Chalet Rosa’ (foto: Concello de Pontedeume)

Escola Infantil de Pontedeume ‘Chalet Rosa’ (foto: Concello de Pontedeume)

FERROL360 | Domingo 9 xuño 2019 | 14:19

O Concello de Pontedeume licitou as obras para a reforma e ampliación da Escola Infantil de Pontedeume, «Chalet Rosa». O proxecto consiste na rehabilitación integral do edificio existente, así como dotalo de maior espazo ao conectalo con outro edificio mediante unha pérgola. Deste xeito, a capacidade do centro gañará 33 prazas, pasando das 41 actuais a 74.

A obra ten un orzamento de 674.000 euros e ten a súa orixe nun convenio de colaboración asinado en novembro do 2016 entre a Xunta e o Concello de Pontedeume.

O rexedor, Bernardo Fernández, asegurou que «os traballos comezarán de inmediato» e que «a licitación das obras é unha gran nova para Pontedeume, despois de moito tempo de xestións e modificacións técnicas do proxecto inicial».

«Os detalles da obra serán explicados polo Concello cos pais e nais dos usuarios da escola infantil nunha reunión que se celebrará nos vindeiros días», afirmou Fernández.

Na reunión, explicarase con detalle todo o relacionado cunha obra na que o Concello aporta 274.000 euros namentres que o resto está subvencionado pola Xunta cunha achega do 80 por cento de fondos Feder cos 400.000 euros restantes.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*