Home / Actualidad / Lidia Senra e Pepe Ramón participarán nunha palestar informativa sobre o TTIP en As Pontes

Lidia Senra e Pepe Ramón participarán nunha palestar informativa sobre o TTIP en As Pontes

FERROL360 | Xoves 7 abril 2016 | 11:14

Xunt@s por As Pontes organiza unha palestra informativa sobre do TTIP este venres, ás 20:00 horas na Casa Dopeso, coa participación da eurodeputada Lidia Senra e Pepe Ramón, do Sindicato Labrego Galego.

Senra e Ramón explicarán en que consiste o Acordo Transatlántico de Libre Comercio e as consecuencias que terá a súa sinatura entre Estados Unidos e a Unión Europea. Xunt@s por As Pontes indica que o TTIP «traeranos a privatización dos servizos públicos, o auxe dos paraísos fiscais, a eliminación dos dereitos dos traballadores e o aumento da contaminación», entre outros.

Engaden que a Democracia o sistema de dereitos «quedarán ás ordes dos grandes capitais, que manexarán e manipularán ao seu antollo o noso ordenamento xurídico, coa única premisa da busca do maior beneficio económico».

Asimesmo, sinala o grupo que numerosos persoeiros e institucións xa se manifestaron encontra deste acordo, como o vicepresidente do Consello Xeral da Avogacía Española ou o Premio Nobel de Economía, Joseph Stiglitz.

Xunt@s por As Pontes convida á veciñanza a asistir a esta conversa para «coñecer de primeira man as experiencias dunha eurodeputada experta neste acordo, unha das poucas que tivo a oportunidade de entrar na sala na que se custodia». Pola súa banda, Pepe Ramón falará das consecuencias e implicacións deste tratado no sector gandeiro e agrario de Galicia.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies