Home / Sociedad / Tendencias / Gastronomía / Los Zares e Treixadura porán música á Festa do Pan de Neda este domingo

Los Zares e Treixadura porán música á Festa do Pan de Neda este domingo

FERROL360 | Luns 27 agosto 2018 | 9:55

O paseo marítimo de Xuvia acollerá este domingo a Festa do Pan de Neda, unha celebración que este ano chega a súa trixésima edición. O programa terá como punto de partida a apertura ao público dos case trinta postos de venda de pan, doces, empanadas, así como produtos de artesanía e de revenda.

Ás 10.00 horas as panadarías Santa Rita, La Gallega, La Nueva, Paca Castro Romero, José Castro Hermanos e Germán abrirán as súas portas. A música incorporarase case de seguido coa actuación, a partir das once, do Cuarteto de Transancos.

Desde esa hora e ata as doce do mediodía será o marxe de tempo que terán os participantes do concurso de empanadas para entregar os produtos xa elaborados. Terano que facer nun posto habilitado e identificado situado dentro do recinto festivo.

A continuación, a actividade trasladarase ás inmediacións do albergue de peregrinos. Nesta zona e sobre o escenario, o escritor, tradutor e músico Vicente Araguas Álvarez lerá o pregón na compaña de representantes das panadarías colaboradoras.

A sesión vermú dará comezo ás 13.00 horas e correrá a cargo do grupo Los Zares, un conxunto musical dos anos 60 con más de cen cancións no seu repertorio. A partir das 13.30 horas comezarán a se repartir os primeiros menús dos 1.200 previstos para o xantar no que, por importe de 12 euros por persoa, se poderá comer empanada, arroz, churrasco, pan, doce, viño, café e agua.

A música retornará ás 15.30 horas coa actuación da charanga “Os Charangos” e, a partir das cinco da tarde, todos os nenos que o desexen terán a posibilidade de asistir a un obradoiro no que descubrirán os segredos da elaboración do pan de Neda.

Dani García protagonizará un espectáculo de maxia, previsto para as 18.30 horas, e minutos despois darase a coñecer a decisión do xurado con respecto ao certame de empanadas. Unha vez feito público todas as participantes pasarán a ser degustadas polos presentes ata rematar as existencias.

O peche da XXX Festa do Pan de Neda chegará da man do grupo Treixadura, que actuará en concerto a partir das 19.30 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies