Home / Actualidad / Luz verde aos orzamentos locais de San Sadurniño, que ascenden a 2,7 millóns de euros

Luz verde aos orzamentos locais de San Sadurniño, que ascenden a 2,7 millóns de euros

FERROL360 | Domingo 10 xaneiro 2016 | 16:46

O Pleno de San Sadurniño aprobou este sábado os orzamentos locais para 2016, que ascenden a 2.777.900 euros, un 0,7% menos que no exercicio anterior. Os sete membros do equipo de goberno votaron a favor da proposta, mentres que o PP votou en contra e os PSOE abstívose.

O goberno local sinalou que se trata dun orzamento continuísta e realista e insistiu en que se mantén o gasto social, principalmente o Servizo de Axuda no Fogar, e tamén o apartado de transferencias correntes, bolsas de estudo, axudas á conciliación e subvencións a entidades. Ademais, o nivel de investimento tamén se mantén.

As contas para 2016 están marcadas pola suba nun 14 % no apartado de persoal para o pagamento da extra conxelada no 2012 e a reserva dunha partida para construír o centro de día, a horta de froiteiras e o arboredo autóctono na Cortiña.

Valoracións dos grupos

O voceiro socialista abstívose por dúas razóns, unha polo reparo da secretaría municipal ao pagamento da antigüidade ao persoal laboral e outra polo tema pendente da indemnización á extinta Cooperativa de explotación en común de San Sadurniño.

O PP votou en contra por considerar que o documento non se lles facilitara con tempo de adianto suficiente para poder avalialo e porque o gasto en persoal, e en gasto corrente, supón o 71 % do orzamento. Tamén criticou que hai un descenso dos investimentos e unha suba dos impostos directos.

O voceiro do BNG rexeitou as afirmacións do PP indicando que a información sobre o orzamento se lle trasladara á oposición dentro dos prazos legais e asegurou, con respecto á distribución porcentual dos capítulos, que as administracións locais destinan entre un 60 e un 70 % a gasto corrente.

En canto aos investimentos, a cifra móvese no contorno dun 30%. Desde o goberno confianza en que as previsións de investimento sexan suficientes para atender as necesidades do Concello durante o ano. Ademais, indicaron que, de ser preciso, podería acudirse aos remanentes por medio de modificativos.

Outras cuestións

Na sesión plenaria tamén aprobáronse as bases polas que se rexerá a concesión de bolsas de estudo e para as familias que levan os seus nenos á EIM A Rolada. Por unanimidade sairon adiante as bases para as entidades culturais e deportivas e nas que regulan as axudas á autoconstrución de vivendas.

Tamén serviu o pleno para crear a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero. Un foro integrado polo Concello, a Garda Civil, o CPI e o Centro de Saúde, que ten como obxectivo continuar avanzando na loita contra esta lacra social.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies