Home / Eume / As Pontes / Máis de 130 familias de As Pontes utilizan o programa ‘Eu almorzo no cole’

Máis de 130 familias de As Pontes utilizan o programa ‘Eu almorzo no cole’

FERROL360 | Martes 28 xaneiro 2020 | 9:53

O Concello das Pontes, a través da Concellería de Benestar Social, destina durante o curso 2019-2020 40.000 euros ao programa municipal Eu almorzo no cole. É un 9 % máis que durante o curso anterior.

Asi, durante este curso escolar serán máis de 130 as familias que se beneficiarán deste programa. No colexio Santa María o número de alumnos e alumnas que participan no programa ascende a 15, mentres que son 10 os nenos e nenas que o empregan de xeito esporádico.

No caso do colexio A Fraga almorzan diariamente 25 alumnos e alumnas, con idades comprendidas entre os tres e os doce anos, e 10 menores acceden a este servizo en días soltos, mentres que no CEIP A Magdalena os beneficiarios ascenden a 80, sendo 50 os nenos e nenas que o empregan cada día e 30 usuarios e usuarias que fan uso de xeito puntual, en días soltos.

A concelleira responsable da área, Tania Pardo, sinala que «debido ao bo funcionamento desta iniciativa municipal e a boa acollida, tanto polas nais e os pais como polo menores, o goberno local apostou por incrementar, seguindo a liña de anos anteriores, a contía destinada a sufragar os gastos de infraestrutura e equipamentos do programa.

O obxectivo é tratar de dar resposta ás necesidades das familias pontesas que, por cuestións laborais e persoais, precisan deixar aos seus fillos e fillas no colexio antes do inicio da xornada escolar».

O programa municipal Eu almorzo no cole tamén busca promover hábitos saudables entre os rapaces e rapazas beneficiarias, a través de propostas de almorzos baseadas no consumo de froitas, lácteos e cereais así como mediante actividades lúdicas complementarias, relacionadas coa dieta e a práctica de exercicio físico.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies