Home / Ferrol / Narón / Máis de 30 expositores participan na X Mostra da Camelia, que se celebra esta fin de semana en Narón

Máis de 30 expositores participan na X Mostra da Camelia, que se celebra esta fin de semana en Narón

FERROL360 | Luns 17 marzo 2014 | 17:52

A X edición da Mostra da Camelia e o VI Concurso de Flor de Camelia celebraranse este venres e sábado no centro comercial e de ocio Dolce Vita Odeón. A Asociación Galega da Camelia, organizadora da mostra, ten confirmada a presenza de 32 expositores de Galicia e Asturias, pero podería sumarse algún máis posto que aínda está aberto o prazo de inscrición.

A principal novidade deste ano será a visita de máis dun centenar de congresistas da International Camellia Society. Trátase de visitantes de distintas partes do mundo, entre os que hai australianos, chineses, xaponeses, portugueses e italianos. Acudirán a Narón este venres 21, en torno ás 13:00 horas, para contemplar a mostra.

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, lembrou que Narón dispón dun parque de camelias, situado no parque fluvial do Río Freixeiro e que se comezou a acondicionar ó mesmo tempo que a Mostra da Camelia iniciaba a súa andaina en Narón, no ano 2004. Blanco animou a todos os veciños a que «se acheguen ó paseo fluvial do Freixeiro a descubrilo».

Pola súa banda, o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, afirmou que neste parque «temos máis de 200 especies de camelia e pensamos que esa colaboración na plantación de camelias debe continuar e incluso estenderse a outras zonas verdes». Mentres, a concelleira de Turismo advertiu que os visitantes á Mostra «van saír encantados logo de admirar a beleza destas flores».

A Mostra da Camelia de Narón está entre as mellores de Galicia, polo que conta coa presenza de expositores e concursantes como Eusebio López, veciño de Fene, que ten acadado recentemente o maior galardón relacionado con esta flor, a Camelia de Ouro (por segunda vez).

Tamén este venres, ás 17:00 horas, se celebrará o VI Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón, no que se entregarán seis galardóns correspondentes a diferentes categorías: mellor cultivador-expositor; mellor camelia xapónica; mellor camelia reticulata; mellor camelia miniatura; mellor híbrido de camelia e mellor exposición artística colectiva.

Presentación da X Mostra da Camelia Cidade de Narón (foto: Concello de Narón)

Presentación da X Mostra da Camelia Cidade de Narón (foto: Concello de Narón)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies