Home / Deportes / Máis de 40 pequenos participan nos cursos de natación da piscina de San Sadurniño

Máis de 40 pequenos participan nos cursos de natación da piscina de San Sadurniño

FERROL360 | Martes 4 agosto 2015 | 19:00

Aprender a nadar ou perfeccionar o seu estilo, este son os obxectivos dos cursos de natación que se están a impartir na piscina de San Sadurniño durante este verán. Con todas as prazas ocupadas, un total de 42, por nenos con idades a partir dos tres anos, hai lista de agarda por se quedasen prazas libres nalgún dos catro grupos que se organizaron.

A mañá comeza coas sesións de aprendizaxe do grupo de perfeccionamento, onde tamén participan os maiores de 10 a 13 anos, que xa teñen participado en cursos anteriores ou teñen aprendido a nadar pola súa conta. O obxectivo neste grupo é mellorar a técnica en cada estilo e a corrección dos erros que se cometen habitualmente cando se aprende por libre.

As clases duran 45 minutos e están concibidas como un xogo, sobre todo nos grupos de iniciación 1 e 2 e no de adaptación á auga, para os máis pequenos. No curso de iniciación, con dous grupos, búscase ganar confianza na auga, conseguir flotar e empezar a moverse. Mentres que en adaptación, para os nenos de tres anos en diante, o obxectivo principal é que se afagan á auga.

Baños libres

Os cursos desenvólvense pola mañá para non interferir nos baños libres da tarde. A piscina abre de luns a venres entre as 15:00 e as 21:00 horas. Os sábados, domingos e festivos o horario amplíase das 12:00 ás 21:00 horas. No mes de setembro estará aberta de 16:00 a 21:00 horas.

Os prezos dos cursos para menores de 14 anos son de 9,52 euros mensuais e para as persoas adultas de 19,04 euros, aínda que nestes momentos non hai máis prazas dispoñibles. As entradas individuais diarias para baños libres sitúanse en 3,17 euros para adultos e en 1,59 para menores de 14 anos.

Existe a posibilidade de sacar un abono para toda a temporada con prezos que van desde os 15,87 euros que se pagarían por menor (25,39 maiores de 14 anos) ata os 38,05 dos abonos dos que poden beneficiarse familias de ata 4 persoas e cun incremento de 3,17 euros sobre este prezo por cada membro a maiores.

As entradas individuais diarias poden sacarse na cantina da piscina mentres que os abonos hai que adquirilos na Casa da Cultura en horario de mañá.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies