Home / Ferrol / Narón / Máis de 400 rapaces participarán este sábado no ‘XI Encontro escolar de xogos tradicionais’ de Narón

Máis de 400 rapaces participarán este sábado no ‘XI Encontro escolar de xogos tradicionais’ de Narón

FERROL360 | Xoves 25 maio 2017 | 11:49

Rapaces e rapazas de Narón, Ferrol, A Capela, San Sadurniño e Rábade, entre outros, participarán este sábado ‘XI Encontro escolar de xogos tradicionais’ de Narón. Serán máis de 400 cativos, que gozarán dunha xornada do máis divertida e na que poderán participar todos os peques que se acheguen ao colexio do Feal aínda que non estean inscritos.

Carreiras de sacos, zancos, chapas, arrastraboias, corda, ra, brilé, peón, pano, tres pés e carrilanas forman parte da trintena de xogos cos que poderán gozar os asistentes á convocatoria. Persoal voluntario dos Centros de Formación Profesional Ferrolterra, de Ferrol, e do Ángel Casal da Coruña dirixirán os xogos que terán lugar en horario de mañá, desde as 11.00 horas.

Ás 14.00 horas haberá un descanso para xantar e, xa pola tarde, a partir das 15.30 horas, terá lugar o espectáculo teatral -para público familiar e infantil-, Paporrubio, a cargo da compañía que leva o mesmo nome.

A continuación, darán comezo as exhibicións de billarda, loita galega, cocha, chaves, lanzamento de goxo e birlos celtas e tamén os obradoiros de construción de enredos, nos que as nenas e nenos terán a oportunidade de elaborar os seus propios xoguetes, axudados por monitores.

Os xogos da mañá están máis pensados para o público infantil, se ben pola tarde haberá máis presencia dos dirixidos aos adultos, aínda que tamén poderá participar o alumnado. Sobre as 18.00 horas está previsto o remate do Encontro, coa entrega duns agasallos aos participantes.

Esta actividade está organizada polo Padroado da Cultura de Narón e pola asociación Brinquedia -Rede Galega do Xogo Tradicional-. A vicepresidenta do Padroado, Marián Ferreiro, salienta que o obxectivo é «difundir o patrimonio lúdico galego entre a cidadanía e a recuperar unha gran variedade de xogos tradicionais, ao tempo que fomentar un espazo de relación entre o alumnado, profesorado e as familias que participen».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies