Home / Sociedad / Campus / Máis de 60 expertos participan en Ferrol no Congreso do Centro de Estudios de Próximo Oriente

Máis de 60 expertos participan en Ferrol no Congreso do Centro de Estudios de Próximo Oriente

FERROL360 | Martes 10 diciembre 2019 | 9:47

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol acolle desde este martes e ata o venres o VIII Congreso Nacional do Centro de Estudios de Próximo Oriente Ex Oriente Ad Limina, que organiza a Universidade da Coruña en colaboración co Centro de Estudios de Próximo Oriente (CEPO), o Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal e a Sociedade Luso Galega de Estudos Mesopotámicos.

Unha cita á que acudirán máis de 60 expertos e que arrancará este martes ás 16:30 horas. Tras a inauguración, terá lugar a primeira conferencia a cargo do profesor da Universidade École Practique des Hautes Études de París, Jean-Claude Margueron, titulada «Le palais d´Ugarit: une synthése des créations palatiales du Bronze Récent?». A conferencia está aberta ao público ata completar o aforo.

A continuación, na Sala Anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal terá lugar a inauguración da exposición fotográfica «Arqueloxía en Palestina: imaxes dun proxecto internacional». A mostra recolle unha escolma das fotografías tomadas no xacemento de Tell el-Far´a, ubicado en Palestina, a uns once quilómetros ao norte da cidade cisxordana de Nablús.

A Universidade da Coruña, a Universidade de Nova Lisboa e o Ministerio de Antigüidades de Palestina iniciaron as primeiras escavacións no ano 2017. E, o pasado mes de outubro, realizaron unha terceira campaña na que os integrantes do equipo restauraron unha casa da Idade do Ferro e instalaron paneis explicativos en árabe e inglés para dar a coñecer o xacemento.

A Universidade da Coruña contou coa colaboración do estudantado do primeiro curso do Ciclo Superior en Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia do IES Leixa de Ferrol para imprimir e colocar as fotografías que integran a exposición.

Á inauguración da mostra asistirán a decana da Facultade de Humanidades e Documentación, Manuel del Pilar Santos Pita, o presidente do comité organizador do VIII Congreso Nacional, o profesor Juan Luis Montero Fenollós, o comisario da exposición, o fotógrafo José Pardo, e a directora do IES Leixa, Ana Roel Ares.

Máis conferencias

O mércores 11 de decembro, ás 09:00 horas, terá lugar outra conferencia aberta ao público da man dos profesores e investigadores da Universitat Autònoma de Barcelona, Miguel Molist e Ana Gómez Bach, titulada «Novedades en la investigación arqueológica en el norte de Mesopotamia: el proyecto de investigación de la UAB en el Valle del Tigris».

Ás 16:00 horas, será a quenda da investigadora do Consello Superior de Investigación Científicas (CSIC), Barbara Böck, co relatorio «Las plantas medicinales alucinógenas en la antigua Mesopotamia».

O xoves 12 de decembro, ás 09:00 horas, intervirá o profesor da Universidade Complutense de Madrid, Alberto Bernabé Pajares, quen afondará na figura do rival nas teogonías hititas e nas gregas. Ás 16:00 horas, terá lugar a conferencia do profesor da Universidade da Almería, José Luis López Castro, titulada «Los inicios de la presencia fenicia en el Mediterráneo occidental».

O venres 13 de decembro, ás 09:00 horas, impartirase o último dos relatorios abertos ao público da man da profesora da Universidade de Sevilla, Myriam Seco Álvarez, centrado no templo de Millóns de Anos de Tutmosis III no oeste de Luxor.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies