FERROL360 | Venres 17 xaneiro 2020 | 11:30
Narón organiza a segunda edición das Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria nas que un ano máis colabora a Confederación Nacional de Autoescuelas.
«Esta iniciativa reúne alrededor de 670 escolares do Concello» tal e como indicou este xoves 16 Román Romero, o concelleiro de Seguridade Cidadá, que conta coa colaboración da Concellería de Servizos, presidida por Ibán Santalla.
Os centros escolares que participan neste proxecto pertencen aos centros de enseñanza Piñeiros, Jorge Juan, Santiago Apóstol, O Feal, Virxe do Mar, Ayala, A Gándara, A Solaina e Ponte de Xuvia.
Un total de 47 alumnos de 5º e 6º de Primaria do centro de Piñeiros participaron nas actividades da primera fase.
Os escolares foron a unha charla de medio ambiente sobre os tanques de tormentas impartidas por persoal de Urbaser e da empresa Acuaes, respectivamente.
Nesta etapa inicial tamén estiveron uns 50 escolares do colexio Santiago Apóstol nunha charla sobre Seguridade Viaria.
A conferencia foi impartida por Sonia López, do equipo de Educación Viaria do Concello e por Gabriel Ramos, directivo do club Clásico Bikeworks.
Segunda fase
A cita repetirase con outros alumnos e alumnas dos colexios Ayala, Virxe do Mar, Jorge Juan, Ponte de Xuvia, A Gándara, A Solaina e O Feal ata mediados do vindeiro mes de marzo, cando rematará esta nova fase das Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria.
A maiores das temáticas abordadas nos dous colexios tamén se impartirán outras sobre Patrimonio Cultural do Concello, Matemáticas e Inglés, ambas materias aplicadas en Educación Viaria.
Estas dúas charlas serán a cargo de profesorado dos propios centros de ensino que participan nesta iniciativa municipal.
A primeira das fases destas olimpíadas será a formativa. Ao remate da mesma o alumnado realizará un test no que se seleccionarán os grupos de cada curso que participarán na final prevista para o 17 de abril no Pazo da Cultura.
«A primeira das fases destas olimpíadas será a formativa» e ao finalizar esta etapa se seleccionará aos grupos de escolares que «participarán na final prevista para o 17 de abril no Pazo da Cultura», explicou Romero.
O edil indicou que, previamente, o 15 de abril, terá lugar unha xincana con bicicletas na Praza de Galicia. Este evento será puntuable e os menores terán que mostrar a súa habilidade sobre a bicicleta nun circuito.