Home / Sociedad / Tendencias / Mercadillos / Máis de cen postos participan este domingo no Mercado local xusto de San Sadurniño

Máis de cen postos participan este domingo no Mercado local xusto de San Sadurniño

FERROL360 | Sábado 25 outubro 2014 | 12:07

O primeiro Mercado local xusto de San Sadurniño deste outono, que se celebra este domingo, contará coa participación 108 postos. Nos mesmos, venderanse produtos da terra e transformados, planta, artesanía e artigos de segunda man. A novidade desta nova edición é a ubicación, xa que será nos xardíns municipais.

O mercado arrancará poco despois das 09:00 horas e prolongarase ata primeira hora da tarde. Nel atoparemos 33 postos de artesanía, 32 de artigos de segunda man, 20 adicados á venda mixta de artesanía e segunda man, 4 viveiros de planta e flor e 19 postos de produción alimentaria da comarca, tanto en fresco como transformada.

O obxectivo do evento é contribuír a dinamizar a economía da zona a través do comercio de proximidade no que se dean cita a produción e o consumo sen intermediacións.

Nas últimas semanas acometéronse traballos de adaptación do parque para acoller este tipo de eventos. Fundíronse os sendeiros, recuperouse a antiga cancha de tenis e selouse un dos estanques para evitar que as filtracións lle afecten ao terreo. Todo para que os xardíns da Casa do Concello se convertan nun referente tanto para o lecer como para as actividades ao aire libre.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies