Home / Eume / Cabanas / Máis de medio centenar de veciños de Cabanas participaron na ruta cultural a Portugal

Máis de medio centenar de veciños de Cabanas participaron na ruta cultural a Portugal

FERROL360 | Sábado 4 xuño 2016 | 11:11

Un total de 63 veciños de Cabanas partiron este xoves en autocar cara Salvaterra de Miño e Monçao, no norte de Portugal, nunha viaxe cultural que organizou o Concello. A concelleira de Cultura, Esperanza Gayoso, valoraba moi positivamente a resposta da veciñanza á convocatoria municipal.

Os excursionistas puideron coñecer a localidade lusa de Monçao, visitar a súa feira, unha das máis multitudinarias, e percorrer o Palacio da Brejoeira, de estilo neoclásico e declarado Monumento Nacional.

Fixeron tamén parada no concello de Salvaterra do Miño, onde se ubica o maior parque público de Galicia unido ao río, o da Canuda, cunha superficie duns 115.000 metros cadrados e reclamos como un paseo fluvial de varios quilómetros, un pequeno lago, xardín botánico ou animais de granxa.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies