FERROL360 | Luns 2 novembro 2015 | 8:57
O Concello de Narón destinará o vindeiro ano 1.547.000 euros a diversas actuacións de mellora en viais da zona rural, dos que 647.534 euros se corresponden co Plan de Obras e Servizos da Deputación e 300.000 euros de fondos propios do Concello para acometer varias actuacións pendentes nas parroquias da localidade e 600.000 máis a obras de saneamento proxectadas nas parroquias do Val, San Xiao e Sedes.
Os proxectos a levar a cabo con cargo ao POS de 2016 aprobáronse no pleno ordinario deste mes de outubro e remitiranse á Deputación da Coruña para que os revise e proceda a darlles o pertinente visto bó nunha sesión do pleno provincial antes de proceder á execución dos traballos.
Melloras
A partida do POS permitirá acometer o vindeiro ano melloras en viais das parroquias de Doso, actuando na rodadura do camiño entre Pielas-Tortos-Souto e no de Braña a Cornide, así como realizar o entubado da cuneta do de Santá. En Pedroso canalizarase a auga a través dunha cuneta no camiño de Catasol e reforzarase a rodadura dos de Río do Couto, Pallota, Muíño a Cerdeiras e Travesía de Bazón, contemplándose ademais o reforzo da capa da rodadura do que vai da Pombiña a Castro.
Nos viais da parroquia de Sedes reforzarase tamén a capa de rodadura dos camiños de Feira a Lagüela e o de Villallonte, e nos de Castro farase o propio nos viais de Carballosa, Sobecos a Gadoi e A Mata, e pavimentarase o da Chousa.
As actuacións contempladas con cargo ao POS do vindeiro ano en San Xiao inclúen o reforzo da rodadura no camiño da Fraga e a pavimentación do de San Clemente. En Piñeiros e Xuvia procederase a reforzar tamén a capa de rodadura na rúa Cáceres e a pavimentar o camiño do Río Pereiro a Río Baxoi.
Os traballos a executar no Val correspóndense coa reposición e reparación da capa de rodadura da travesía de Santa Margarita, do camiño de Casal ao de Cabada e os de A Pedreira e Abilleiro. Na parroquia de San Mateo melloraranse o vial de Ruxida e a drenaxe do camiño do entorno do local social, con cargo ao POS, e na do Couto levaranse a cabo obras nos camiños de Outeiro-As Covas; Muíño do Vento; Neixa-O Salto; Lodairo e Lóngaras.
A maiores destas intervencións proxectadas no POS, e con cargo á citada partida duns 300.000 euros procedentes das arcas municipais, desenvolveranse os traballos de mellora do camiño de Faxín, en Pedroso; de Placente a Eiravedra, en Sedes; de Pena de Embade, en Castro; dos Vicás-A Verruga, en San Xiao; das inmediacións das vivendas de Profeco, en Xuvia; de Pico-Cima de Vila, no Val; de Viñas-Lavandeira, en San Mateo e de Gatoira, no Couto.
pero si el dinero lo pone la diputacion , este blanco y sus mentiras