FERROL360 | Martes 5 xullo 2016 | 19:06
Cariño acolle dende este luns o primeiro curso dos seis que integran a Campaña de Vela 2016 que organiza a Deputación da Coruña e na que participarán 200 nenos e nenas da provincia.
En dúas quendas de mañá e tarde un total de 34 rapaces e rapazas de entre 9 e 18 anos das comarcas de Ferrolterra e Ortegal iniciaron o curso dunha semana de duración, durante o que aprenderán os principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como nocións básicas de windsurf e elaboración de nós mariños.
A Deputación da Coruña incrementou este ano de tres a seis as sedes dos cursos de vela que realiza cada verán en diversos municipios costeiros da provincia. Tras Cariño, serán os concellos de Oleiros, Rianxo, Ribeira, Muxía e Malpica os que acollerán a Campaña de Vela.