Home / Deportes / Ciclismo / Máis dun milleiro de escolares participarán o venres na XII Marcha Ciclista Escolar de Narón

Máis dun milleiro de escolares participarán o venres na XII Marcha Ciclista Escolar de Narón

FERROL360 | Mércores 1 maio 2019 | 15:38

Preto de 1.300 escolares de centros de ensino de Narón, da Asociación Nuestra Señora de Chamorro e tamén estudantes do colexio Maciñeira, de Neda, participarán o venres na duodécima edición da Marcha Ciclista Escolar, organizada polo Concello de Narón.

Acompañarán aos rapaces e rapazas persoal das Anpas dos centros, pais e nais e colectivos de voluntarios, que realizarán o percorrido dende os centros ata o paseo marítimo de Xuvia e o de regreso aos colexios.

De Narón sumáronse un ano máis a esta convocatoria os centros Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Piñeiros, O Feal, A Gándara, Santiago Apóstol, A Solaina, Ayala e Virxe do Mar, a maiores do centro Virxe de Chamorro e do colexio Maciñeira.

O percorrido organizouse por grupos, atendendo á ubicación dos diferentes centros, de xeito que o primeiro, formado polo Ponte de Xuvia, Jorge Juan e Maciñeira partirá ás 10.15 horas ata a zona do Ponto, donde se unirán os participantes do colexio de Piñeiros.

Os rapaces e rapazas procedentes do colexio do Feal e do centro Nuestra Señora de Chamorro uniranse ao grupo de Xuvia. O segundo grupo, formado polo Virxe do Mar, Ayala e A Solaina sairá ás 10.15 horas para dirixirse ao aparcadoiro do Pazo da Cultura e o terceiro, da Gándara e o Santiago Apóstol, sairá ás 10.20 horas tamén en dirección ao aparcadoiro do Pazo, donde se reagrupará co grupo 2.

Todos eles se dirixirán ao paseo marítimo de Xuvia, a onde entrarán pola rúa Xoán XXIII, estando prevista a chegada sobre as 11.30 horas. Os mozos e mozas reporán forzas con algo de comida e bebida á súa chegada a Xuvia, para regresar de novo nas súas bicicletas aos colexios sobre as 12.45, tras un pequeño descanso que aproveitarán cos seus compañeiros e compañeiras.

O equipo de Educación Viaria de Narón organiza un ano máis esta Marcha Ciclista Escolar, na que colaboran as Anpas dos centros, persoal do Moto Club Fojeteiros, dos clubs ciclistas MTB Eskornabois e Clásicos BikeWorks, o ximnasio Beny Gym, o Centro Comercial Narón e os hipermercados Gadis e Froiz.

Dende a organización solicitan de antemán desculpas á cidadanía polas posibles molestias que poida ocasionar temporalmente na circulación rodada o paso dos rapaces e rapazas nas súas bicicletas por algunhas rúas de Narón.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies