Home / Cultura / Mañón celebrará un concerto benéfico e unha xornada adicada á natureza este venres e sábado

Mañón celebrará un concerto benéfico e unha xornada adicada á natureza este venres e sábado

FERROL360 | Mércores 22 xullo 2015 | 9:38

O Concello de Narón ten preparadas dúas actividades de cara a esta fin de semana. Unha está vencellada á solidariedade, cun concerto benéfico, e a outra á natureza e á conservación do río Sor e as praias do municipio. A primeira terá lugar este venres e a segunda este sábado.

A Igrexa Sta. Mª de Mogor – O Barqueiro acollerá este venres un concerto benéfico, de góspel africano, a cargo do grupo Aba Taano a favor do proxecto Música para salvar vidas en Uganda. Este programa axuda aos pequenos orfos de Uganda a crecer e aprender a través da música e da danza.

Esta actividade é de balde, pero podedes facer un donativo para contribuír a soster este proxecto. A cita comezará ás 20:00 horas.

O sábado desenvolverase unha xornada adicada á natureza sobre a conservación do río Sor e as praias de Mañón. Así, ás 10:30 horas haberá unha charla informativa no Centro de Interpretación Medioambioental do Río Sor na que se falará deste edificio, a continuación, abordaránse os valores medioambientais do municipio en xeral e a importancia e a biodiversidade do río Sor en particular.

Xa pola tarde, entre as 14:30 e as 16:00 horas, haberá unha comida a cargo da organización na área recreativa de ponte Segade. De 16:00 a 19:00 horas realizarase unha pequena ruta de sendeirismo á beira do río e xogos relacionados co medio ambiente para os máis pequenos

Para participar nesta xornada, aberta a todos os interesados, hai que inscribirse no Concello de Mañón. Para máis información podedes chamar ao 981 41 40 02. A actividade é de balde.

Publicidad

campamentos

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies