FERROL360 | Martes 5 novembro 2013 | 18:01
O Fondo de Compensación Ambiental deixou 500.000 euros nos últimos catro anos no Concello de Mañón. Un investimento que permitiu mellorar a eficiencia enerxética e abastecemento de auga do municipio, a adquisición dun vehículo para labores ambientais e a posta en marcha dun centro medioambiental. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este martes o concello de Mañón para coñecer de primeira man estas das actuacións.
Así, Mañón mellorou a eficiencia enerxética da piscina municipal mediante a instalación de paneis solares, adquiríu un vehículo para labores ambientais e acometeu melloras na rede de abastecemento de auga. Ademáis, rehabilitouse o antigo centro escolar para poñer en marcha o centro de interpretación medioambiental do río Sor.
O Fondo de Compensación Ambiental está ligado ao canon eólico. Así, con cargo ao mesmo, fináncianse actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia e uso sostible das enerxías renovables e a outras actuacións do medio e do ámbito rural.