FERROL360 | Martes 16 xuño 2015 | 17:16
O valdoviñés Manuel Carballeira fíxose co primeiro premio do VII Concurso de Pintura “Cidade de Narón”, dotado con 500 euros, pola súa obra Contraluz. O segundo posto foi para a naronesa María José García, coa obra La Vía, premiada con 300 euros.
Juan Manuel Álvarez, sevillano afincado en Narón, recibiu o terceiro premio, dotado con 100 euros, pola obra Sublunar. Así mesmo, fallouse o premio especial Francisco Criado, que recibiu o naronés Marcelino Bermúdez Fraguío, coa obra Amigos, dotado con 100 euros.
O alcalde de Narón, José Manuel Blanco a concelleira electa Marián Ferreiro, e a presidenta da AVV Ceibe de San Xiao de Narón, María del Mar Yáñez, presidiron o acto de entrega dos premios este luns no local social da parroquia. Blanco, destacou a calidade dos traballos presentados e tamén a implicación dos participantes nesta edición do certame.
Blanco e Ferreiro xunto aos premiados (cedida)