Home / Ferrol / Narón / Mapfre presenta en Narón o Informe de Inspección de Seguridade Viaria realizado en colexios do municipio

Mapfre presenta en Narón o Informe de Inspección de Seguridade Viaria realizado en colexios do municipio

FERROL360 | Martes 16 setembro 2014 | 17:05

Os colexios do CEIP de A Solaina, o CEIP de Piñeiros, e o CPI O Feal foron sometidos a unha auditoría por parte de Fundación Mapfre para elaborar un Informe de Inspección de Seguridade Viaria. Deste xeito, analizáronse as deficiencias ou problemas detectados no entorno destes centros e suscítanse as solucións máis axeitadas para cada caso. As súas conclusión foron presentadas este martes no Concello naronés.

Algunhas das medidas para paliar os perigos máis comúns de camiño a clase son: restrinxir o tráfico nas rúas próximas aos colexios en entradas e saídas, incrementar a presencia policial, crear aparcadoiros en zonas colindantes e habilitar carrís-bici para que os nenos poidan utilizar este medio de transporte nos seus desprazamentos.

Do informe despréndese que sete de cada dez alumnos do centro A Solaina, opina que o seu entorno viario escolar é seguro ou moi seguro. Iso si, identifican algúns factores de risco como un deficiente estado de conservación da infraestrutura, escaseza de prazas de aparcadoiro e estrechez das beirarrúas. Se foran máis anchas, diminuiría o medo a ser atropelado do 34 % dos encuestados.

O centro de Piñeiros tamén é un bo exemplo de colexio con entorno viario seguro. Case o 80 % dos seus alumnos considérano seguro ou moi seguro. Un porcentaxe moi reducido, o 9 %, experimentou durante o curso pasado o temor de ser atropelado nalgunha ocasión. Entre os factores de risco que identificaron, destaca a escaseza de prazas de aparcadoiro e a velocidade dos vehículos na contorna.

Para eliminar estes perigos, o informe propón varias recomendacións como: habilitar espazos onde estea permitido estacionar o vehículo durante as horas punta, fomentar a utilización da bicicleta e aumentar a presencia policial durante a entrada e saída dos escolares.

Pola súa banda, alumnos e profesores do centro O Feal propoñen ampliar e mellorar os sistemas reguladores de tráfico, incrementar as sinais de advertencia do colexio, incorporar marquesiñas e sinalización nas paradas escolares, así coma habilitar cinturóns de seguridade nos autobuses.

O Director da Área de Seguridade Viaria da Fundación Mapfre e alcalde de Narón presentaron os resultados do informe (foto: Concello de Narón)

O Director da Área de Seguridade Viaria da Fundación Mapfre e alcalde de Narón presentaron os resultados do informe (foto: Concello de Narón)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies