Home / Deportes / Ciclismo / Marcha Ciclista Popular este domingo en Fene

Marcha Ciclista Popular este domingo en Fene

FERROL360 | Mércores 6 maio 2015 | 19:02

Fene prepárase para celebrar un ano máis a súa tradicional Marcha Ciclista Popular. Será este domingo a partires das 11:00 horas e haberá dous percorridos: a ruta de menores, de sete quilómetros, e a de maiores, na que pedalearán ata cumprir 17 quilómetros.

A inscrición, gratuíta, deberá efectuarse o mesmo domingo no salón de plenos da casa consistorial entre as 09:30 e as 10:30 horas. A marcha conta coa colaboración do Club BTT Fene, así como dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e da Policía Local de Fene.

Ao remate da cita, sobre as 12:30 horas, a praza do Concello será escenario dun sorteo de varios agasallos, entre eles unha bicicleta de montaña, entre todos os participantes. Así mesmo, haberá un servizo de préstamo de cinco bicicletas e cascos para menores de 12 anos.

O percorrido dos nenos será o seguinte: saída da praza do Concello de Fene dirección avenida Naturais; avenida Naturais cara á avenida das Pías; avenida das Pías cara San Valentín; entrada en San Valentín pola rúa do bloque 1; á esquerda pola avenida Cooperación; saída á avenida do Mar pola rúa de Mercadona; rúa Tellerías; Marqués de Figueroa; rúa San Salvador; dirección cara o campo de fútbol dos Pinares; rúa do Medio; rúa Alta; avenida do Tarrío; rúa da Fraga e Concello de Fene.

Dos maiores, a primeira parte da ruta será igual que a anterior e, unha vez chegados ao Concello, os maiores seguirán o seguinte itinerario: avenida Naturais de Fene ata o cruce de Fene; avenida Marqués de Figueroa dirección Maniños; estrada da Palma ata a baixada ao peirao polo Piqueiro; paseo do Peirao; reagrupamento na zona verde do peirao; subida por zona de Maniños cara á estrada da Palma; estrada da Palma en dirección ao Concello; avenida Marqués de Figueroa; rúa San Salvador; avenida do Tarrío; rúa da Fraga e praza do Concello de Fene.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies