Home / Actualidad / María Porto, candidata Converxencia Galega Narón: «Sinto verdadeira paixón por Narón e iso é o que me move a ser candidata»

María Porto, candidata Converxencia Galega Narón: «Sinto verdadeira paixón por Narón e iso é o que me move a ser candidata»

FERROL360 | Xoves 21 maio 2015 | 17:49

María Rodríguez Porto declárase unha apaixonada da pintura e imparte clases en diferentes lugares. Asegura que ese contacto cos seus alumnos e, tamén ter estudado Psicoloxía, fanlle empatizar cos problemas reais dos veciños e prodúcenlle «unha inquietude persoal por mellorar a nosa sociedade que me levou a involucrar na política municipal».

A candidata de Converxencia Galega á Alcaldía de Narón afirma que os eixes da súa vida son a familia e as amizades. Tamén indica que procura gozar da vida sinxela, o deporte e o contacto coa natureza.

FERROL360 – Un problema, unha solución: Cooperativa de Pedroso
MARÍA PORTO – O problema e moi grave e as solucións complicadas. Unha solución podería estar en que esta cooperativa fora absorvida por outra como pode ser a cooperativa do val e deste xeito poder sacála adiante.

360 – Que proxectos a desenvolver con outras administracións son irrenunciábeis para Narón nos
vindeiros catro anos? E que dependan so do goberno local?
MP – O novo Centro de Saúde, o saneamento rural e un novo colexio na zona do Alto. Por parte do goberno que os veciños participen máis activamente nas decisións politicas e saiban cada euro que se gasta no seu concello.

360 – Destaque tres iniciativas do seu programa
MP – O meu programa ten tres compromisos básicos: coas personas, aumentando o gasto social; co emprego, coa posta en marcha dunn Plan Integral de Emprego; e coa democracia participativa e a transparencia, onde entre outras cousas poremos en marcha o primeiro Orzamento Participativo de Narón para que os veciños e veciñas decidan directamente a que se dedica unha parte do diñeiro que é de todos.

360 – Cales son as súas propostas para impulsar o emprendemento?
MP – O noso programa contempla un Plan Integral de Emprego que ten un punto específico dedicado ao emprendemento. Entre as distintas medidas que tomaremos, estarán a creación dun servizo de asesoramento e orientación para novos emprendedores que dea respostas ás súas dúbidas máis frecuentes, promover o autoemprego e a creación de novas empresas ou cooperativas, axilizar ao máximo os trámites necesarios ou crear viveiros de empresas e espazos de coworking en instalacións municipais.

360 – Narón acadou os 40.000 habitantes, que iniciativas propoñe para continuar na senda do crecemento?
MP – Temos que seguir atraendo industrias aos nosos polígonos, mellorando e ampliando no posible os espazos verdes, dotando de máis servizos (novo centro de saúde, colexio no Alto). As bases xa están sentadas e a ampla porcentaxe de poboación nova garante un futuro demograficamente dinámico.

360 – Que foi o mellor e o peor deste último mandato?
MP – En termos xerais, penso que o mellor foi demostrar á cidadanía que é posible formar un goberno unitario formado por catro sensibilidades políticas cando se é capaz de antepoñer os intereses de Narón aos intereses partidistas. Neste sentido, a nosa cidade foi un exemplo para toda Galicia e quen quedaron en evidencia foron os partidarios do non polo non.

María Porto, candidata de Converxencia Galega á alcaldía de Narón (cedida)

María Porto, candidata de Converxencia Galega á alcaldía de Narón (cedida)

360 – En xeral, séntese satisfeita do traballo realizado?
MP – Estou razoablemente satisfeita. En Turismo había todo por facer e puxemos as bases para o desenvolvemento dun proxecto a medio prazo. Estes dous anos e medio fixéronseme demasiado curtos para a magnitude do reto, así que por suposto quedan aínda moitas cousas por facer, pero o balance é positivo.

360 – Con quen estaría disposta a pactar, con quen non, e por que?
MP – O meu único pacto é cos meus veciños e veciñas. A partir de aí, o noso papel sempre vai ser construtivo, sexa desde a oposición ou desde o goberno, como xa o foi neste mandato que remata. Presentamos máis de 30 mocións e todas foron aprobadas, tanto cando estabamos na oposición como cando nos tocou gobernar.

Gustaríame engadir unha cousa: xamais vou pactar con aqueles que pensan que en política vale todo e que utilizan Narón como medio para os seus fins políticos, como instrumento de cambio. Por iso digo: o meu único pacto é cos meus veciños.

360 – Por que se presenta como candidata á Alcaldía?
MP – Porque teño unha profunda vocación de servizo e moitas ganas de traballar para mellorar a calidade de vida dos meus veciños e veciñas. Como di o meu slogan, sinto verdadeira Paixón por Narón e iso é o que me move a ser candidata.

Publicidad

Banner parque ferrol

2 comentarios

  1. Tu pasión es cobrar a final de mes y levantar la mano cuándo te mandan sea bueno o malo pará los Naroneses y todo esto por un misero sueldo

  2. Dos sueldos, que en el pacto entraba Davinia amiga de Maria que va en su lista, que estaba en paro y le dieron puesto de administrativa….y a Maria lo de dar clases de pintura no le daba para mucho…y que suban los impuestos que hay mucho gasto politico!!!

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies