FERROL360 | Martes 4 agosto 2015 | 19:31
A concelleira de Cultura e primeira tenente de alcalde de Narón, Marián Ferreiro, está desde este martes ao fronte do Concello ao estar de vacacións o rexedeor, José Manuel Blanco. Ferreiro ocupará o cargo de alcaldesa accidental ata o día 17 de agosto, momento no que o alcalde regresará ao Concello.
Nun comunicado, Terra Galega indica que a concelleira é a primeira muller que ocupa o cargo de alcaldesa accidental por TEGA. Tamén informa que Ferreiro, de 37 anos, é a muller de menor idade que se pon á fronte da Alcaldía do Concello naronés e asumirá as funcións pertinentes do cargo.
Así, desde primeira hora deste martes a alcaldesa accidental atendía desde o despacho da Alcaldía os asuntos propios deste posto da administración local.