Home / Cultura / Maxia, habaneiras e corais en Fene esta semana co gallo do Día da Patria Galega

Maxia, habaneiras e corais en Fene esta semana co gallo do Día da Patria Galega

FERROL360 | Luns 11 xullo 2016 | 11:49

O Concello de Fene quere festexar o Día da Patria enchendo as rúas do municipio de cultura. Este mesmo luns o espectáculo O mago e o ilusionista levarán a Kiko e Román García Pastur á praza do concello a partires das 22:00 horas, con entrada libre e baixo carpa.

A programación do ciclo do Día da Patria Galega continuará este martes 12 de xullo dende as 20:30 horas co Certame de Habaneiras e Canto Coral no que actuarán as rondallas Estrelecer e Perla do Río, e máis as corais de Agarimo, San Valentín, Eterna Xuventude e O Pote de Maniños.

Tamén subirá ao escenario o TradiCoro e pechará o concerto Sisters in the house, un coro de música moderna integrado por mulleres e fundado na cidade da Coruña no ano 2008, por Carmen Rey e Ángeles Dorrio. Stevie Wonder, Michael Jackson, Ray Charles ou Beyoncé son algúns dos artistas versionados por estas 20 cantantes galegas que decidiron unir as súas voces para ofrecer un espectáculo tan único coma novidoso na nosa terra.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies