Home / Eume / As Pontes / Medio Ambiente achega 60.000 euros para a conservación e mellora do Parque das Fragas do Eume

Medio Ambiente achega 60.000 euros para a conservación e mellora do Parque das Fragas do Eume

FERROL360 | Xoves 10 xullo 2014 | 18:24

O Diario Oficial de Galicia publica na súa edición deste xoves a adxudicación dunha axuda de máis de 60.000 euros para o desenvolvemento de actividades de conservación e protección do entorno do Parque Natural das Fragas do Eume para asociacións e empresas.

Trátase dunha subvención da Consellería de Medio Ambiente que servirá para mellorar a paisaxe agraria e desenvolvemento de usos recreativos: limpeza e restauración de camiños de acceso aos predios, sinalización de camiños e creación e mellora de infraestruturas de uso público e de acollida ao visitante tales como rutas, áreas recreativas e zonas de esparcemento.

As actuacións tamén se centrarán na recuperación de elementos históricos patrimoniais ou culturais representativos da paisaxe agraria tradicional: protección e restauración de elementos de valor patrimonial nas explotacións como hórreos, cabanas ou fontes.

No que se refire a accións sobre a flora, o parque natural das Fragas do Eume será obxecto da recuperación de soutos, substitución de eucaliptais ou coníferas por soutos, desbroces e plantacións dos montes con castiñeiros híbridos. En relación ás construcións típicas da zona, levaranse a cabo traballos de restauración de cabanas, fornos, muíños ou hórreos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies