Home / Ferrol / Narón / Medio Ambiente finaliza as actuacións de mellora e mantemento no río Grande de Xubia, en Narón

Medio Ambiente finaliza as actuacións de mellora e mantemento no río Grande de Xubia, en Narón

FERROL360 | Mércores 4 novembro 2015 | 11:29

Evitar os asolagamentos nas etapas de choivas abundantes e intensas, sobre todo nas proximidades das pontes nas que se adoitan a depositar material de arrastre é o obxectivo da acción de conservación que a Consellería de Medio Ambiente levou a cabo no río Grande de Xubia, en Narón.

Así, Augas de Galicia actuou nun tramo de case medio quilómetro á altura da parroquia de San Lourenzo, nos lugares de Cerdeiras e Doso; e os traballos realizados consistiron na retirada de atasco por troncos e ramas na ponte de Cerdeiras e outras árbores caídas no leito do río.

Todos estes labores tiveron un custo aproximado de 4.000 euros. Os traballos de roza están recollidos dentro do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público das bacías de Galicia-Costa e as súas zonas de acceso e protección que a Xunta de Galicia promove.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*