Home / Ferrol / Narón / Medio Ambiente retira árbores caídas no río Freixeiro en Narón para evitar asolagamentos

Medio Ambiente retira árbores caídas no río Freixeiro en Narón para evitar asolagamentos

FERROL360 | Sábado 6 xuño 2015 | 17:24

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas levou a cabo accións para a conservación do río Freixeiro en Narón co obxectivo de evitar o asolagamento nos períodos de choivas abundantes e intensas.

Así, procedeuse a retirar árbores, pólas e outros elementos de madeira que obstaculizaban a canle do río ao seu paso pola zona da Ponte en Xubia. Estas tarefas afectaron a un percorrido total de 480 metros e tiveron un custo aproximado de 8.400 euros.

Tamén retiraronse árbores nun treito de 50 metros que afectaba ao lugar de Cadaval. Neste caso, o custo aproximado é de 2.900 euros. En total, a Xunta investiu 11.300 euros nestas labores, que se realizan a través de Augas de Galicia.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies