Home / Sociedad / Tendencias / Gastronomía / Meirás celebra esta fin de semana a IX Festa do Percebe

Meirás celebra esta fin de semana a IX Festa do Percebe

Festa do Percebe de Meiras (foto: Festa do Percebe de Meiras)

Festa do Percebe de Meiras (foto: Festa do Percebe de Meiras)

Ferrol360 | Martes 25 xullo 2017 | 11:58

Valdoviño sabe a percebe e Meirás celebra cada ano unha festa para exaltar un dos mariscos máis prezados das nosas costas. A IX edición desta festa gastronómica terá lugar este sábado e domingo no campo da festa do Porto, na parroquia de Meirás.

Unha cita á que acoden sempre centos de persoas deseosas de degustar este manxar. As racións de percebes terán un prezo de oito euros e tamén se servirán racións de churrasco ao mesmo prezo. A festa comezará ás 12:00 horas as dúas xornadas.

A Asociación de Percebeiros de Meirás organiza esta festa en colaboración da Concellería de Turismo de Valdoviño. Dende a agrupación de percebeiros dende o Concello animan a veciños do municipio, de toda a comarca e visitantes a acudir a esta cita gastronómica, que cada ano congrega, nun emprazamento único, a centenares de persoas.

Que non coñecedes esta festa? Pois non vos perdades o vídeo no que a organización nos presenta este evento. Desde como recollen os percebeiros o marisco cunha destreza perfecta ata como gozan os asistentes da festa nun entorno privilexiado.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies