FERROL360 | Xoves 16 novembro 2017 | 17:50
Dúas citas na axenda do Pazo da Cultura de Narón para esta fin de semana. O sábado acollerá a representación de «La ternura», unha comedia romántica e de aventuras que chega da man da compañía Teatro de la Ciudad. A cita comezará ás 20:00 horas e as entradas están á venda na billeteira do recinto ou en padroadodecultura.es, a web do Padroado da Cultura naronés.
O prezo é de 18 euros para o público en xeral e de 12,50 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante, ata 25 anos. Xa o domingo, tempo para o espectáculo «Caperucita, lo que nunca se contó», dirixido ao público infantil.
Correrá a cargo da compañía Teloncillo. Será dende as 18:00 horas, con pases por 9,50 euros para o público en xeral e 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante. Pola súa banda, os menores de 14 anos pagarán 5,50 euros.