Home / Actualidad / Miguel de Santiago reúnese con xente nova logo do mitin con Feijoo deste sábado

Miguel de Santiago reúnese con xente nova logo do mitin con Feijoo deste sábado

FERROL360 | Domingo 17 maio 2015 | 19:01

O candidato popular á Alcaldía naronesa, Miguel de Santiago, mantivo este domingo unha xuntanza con xente nova, acompañado polo presidente de Novas Xeracións, Miguel Pazos, para presentar as propostas do PP en materia de xuventude.

«A pesar de que Blanco siempre destaca la importancia de las personas, una vez más se han olvidado de un importante segmento de la población: la juventud. Nosotros llevamos en nuestro programa 46 medidas concretas en materia de juventud», dixo o candidato do Partido Popular.

Desas 46 medidas destacou a creación dun Plan Municipal de Emprego Xuvenil en coordinación co sector privado e as Administracións Españolas e Europeas con apoio á formación e prácticas nas empresas colaboradoras, un plan de concentración de chans municipais para cesións a estudios agrícolas e gandeiros, un plan comarcal de emprego ou a posta en marcha dun programa de segunda oportunidade para a xuventude que abandona os seus estudos.

Éxito de público no mitin con Feijoo

O sábado serviu aos populares de Narón para compartir un xantar e un mitin cos seus simpatizantes, que encheron a carpa instalada en Xuvia.

Ademais do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, intervirían o candidato popular, Miguel de Santiago, e mailo deputado e membro da candidatura naronesa, Hipólito Fariñas.

Feijoo destacou que «Narón necesita un médico, porque es un enfermo pero tiene cura. Y la cura se llama Miguel De Santiago», explicando que nas administracións «no se necesitan experimentos y Terra Galega es una pieza de coche que no encaja en ningún coche. Hace falta un gobierno municipal que se entienda con otras administraciones y que sea capaz de atraer inversiones», concluíu.

Pola súa banda, Miguel de Santiago acusou a Blanco do «estancamento» de Narón, citando a «un exalcalde que lo fue 25 años, que dice los que gobiernan no mueven el culo de la silla».

Prometeu moverse para buscar investimentos e grandes proxectos: «Nosotros tenemos uno con 587 propuestas claras, con nombre y apellidos. Blanco está yendo por las parroquias a hablar de nuestras propuestas más que de las suyas, porque él lleva 12, que son las misma de siempre y que no es capaz de cumplir o no quiere cumplir», salientou.

O candidato no encontro con xente nova deste domingo (foto: PP de Narón)

O candidato no encontro con xente nova deste domingo (foto: PP de Narón)

Feijoo arropou a Miguel de Santiago no mitin do sábado (foto: PP de Narón)

Feijoo arropou a Miguel de Santiago no mitin do sábado (foto: PP de Narón)

Publicidad

Banner parque ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies