Home / Actualidad / Miles de persoas marcharon coa CIG ata Ferrol Vello para celebrar o 1 de maio

Miles de persoas marcharon coa CIG ata Ferrol Vello para celebrar o 1 de maio

REBECA COLLADO | Ferrol | Xoves 1 maio 2014 | 18:17

Cuns 20 minutos de atraso sobre o horario previsto, a CIG arrancou a súa mobilización do 1 de maio en solitario e cun novo percorrido. Preto de 4.500 persoas percorreron a avenida de Esteiro, a rúa Real e San Francisco para rematar na Praza Vella, onde se levou a cabo a lectura do manifesto.

Manuel Grandal, coportavoz comarcal da CIG, asegurou que as políticas que están a desenrolar a Unión Europea e o Goberno Central «son as verdadeiras culpables da situación que estamos a padecer en Ferrolterra», de xeito que «o veto ao naval é o mellor exemplo para explicar que é o que están a facer con esta comarca», apuntou Grandal.

Atendendo aos datos do paro, «somos a cidade e a comarca que ten os peores datos de Galicia», denunciou o coportavoz comarcal. Pero a pesares da mala situación laboral e do desgaste que pode haber no naval, «con tantas mobilizacións e que non se ven resultados», Grandal defende que «iso non quere dicir que non teñamos que seguir loitando» e aposta por continuar coas mobilizacións.

O lema da central sindical deste Primeiro de Maio foi «Contra a explotación e a pobreza, fagámoslle fronte á Unión Europea». Un lema do que «Ferrol é o exemplo vivo», explicou Grandal. A central sindical rematou o seu percorrido na Praza Vella porque «é a imaxe viva da situación que estamos a padecer».

O barrio no que «naceu Ferrol» é o barrio que amosa o desmantelamento da cidade. A situación de Ferrol Vello «é a consecuencia das políticas ultraliberais que premian a especulación por riba das persoas», sentenciou Grandal.

Pincha en la imagen para abrir la galería

VisitaReyFelipeVIFerrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies