Home / Sociedad / Naturaleza / Misión Neda entrega os seus premios coa participación de máis de 114 nenas e nenos

Misión Neda entrega os seus premios coa participación de máis de 114 nenas e nenos

Cristina Bouza e un dos gañadores Eduardo Rodríguez na entrega de premios de Misión Neda (foto: Concello de Neda)

A concelleira Cristina Bouza e Eduardo Rodríguez, un dos gañadores na entrega de premios de Misión Neda (foto: Concello de Neda)

FERROL360 | Venres 3 maio 2019 | 16:41

O Concello de Neda celebrou o éxito do xogo Misión Neda este pasado martes 1 de maio cun acto de despedida no salón de actos da Casa da Cultura no que se premiou aos gañadores Lois López, Eduardo Rodríguez, Adrián Ameneiros e Kevin Graña.

O evento da entrega de premios congregou a mocidade de Neda e as súas familias que disfrutaron nunha gala chea de risas e humor grazas ao espectáculo «MeRecidamente» do malabarista MereClown.

No acto, a concelleira de Educación, Cultura, Turismo e Patrimonio, Cristina Bouza Bellón, agradeceu a participación neste proxecto cultural e histórico das nenas e nenos e tamén das súas familias.

Segundo Cristina Bouza, foron preto de 200 familias as que se interesaron por esta actividade cultural e histórica que comezou o pasado 15 de marzo e tiña como obxectivo que a mocidade completará un enigma que consistía en atopar 22 letras en forma de carteis repartidos por todo o Concello.

Éxito total

En total foron 114 as nenas e nenos que completaron Misión Neda e «percorreron uns 30 quilómetros do municipio», asegurou a concelleira, para atopar todas as letras da frase, «Neda, un concello incrible».

Coa axuda do pallaso que animou todo o acto, a edil fixo a entrega de premios que consistía nunhas tabletas que deu aos catro gañadores que foron Lois López González, de 7 anos; Eduardo Rodríguez Maragoto, de 10; Adrián Ameneiros Cazorla, de 12, e Kevin Graña Vilela, de 9 anos.

Ante a boa acollida da convocatoria, o Concello posiblemente repetirá edición o próximo ano. De feito, tal e como destacou Bouza Bellón, os cadernos de participación no enigma están dispoñibles para consulta na biblioteca municipal e tamén seguirá a activa a web do proxecto que amplía a información do Concello feita polo bibliotecario e estudoso local Manolo Grueiro a través da Revista de Neda.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies