Home / Ferrol / Moeche / Moeche abre este luns a tempada de baño na área recreativa de Souto Grande

Moeche abre este luns a tempada de baño na área recreativa de Souto Grande

FERROL360 | Domingo 17 xuño 2018 | 17:33

Moeche da comezo este luns 18 a tempada de baño coa apertura da piscina na área recreativa de Soutogrande. A piscina estará aberta até o 16 de setembro mantendo o mesmo horario do ano pasado.

O horario da piscina será o seguinte: no mes de xuño de luns a venres de 16:00 a 21:00 horas, sábados, domingos e festivos de 12:00 a 21:00 horas. Nos meses de xullo e agosto abrirá de 14:00 a 21:00 horas de luns a venres e de 12:00 a 21:00 hora os fines de semana e festivos.

No mes de setembro haberá cursos de natación de 12:00 a 13:00 horas e estará aberta ao público en xeral de 16:00 a 20:00, namentres que as fines de semana abrirá de 12:00 as 20:00 horas.

Ademais da piscina os bañistas poderán disfrutar do servizo de espazo de bar. O prezo das entradas será gratis para os menores de tres anos, de 1,50 euros para os nenos ata 12 anos, e 2,80 euros para os maiores de 12 anos e público en xeral.

Os veciños poden expedir os seus correspondentes bonos para a tempada, co que se abaratan os custos. Así, o prezo das entradas individuais é de 30,50 euros para persoas maiores de 12 anos, namentres que o familiar é de 58,50 euros.

Os abonos hai que solicitalos na Casa do Concello de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou ben enviándolle un correo a daniel.feijoo@moeche.gal.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies