Home / Ferrol / Moeche / Moeche amplía as visitas á mina de Piquito

Moeche amplía as visitas á mina de Piquito

FERROL360 | Domingo 31 xullo 2016 | 12:00

Ante a boa acollida que está a ter a visita guiada á mina de Piquito e dada a elevada demanda de solicitudes para participar nesta actividade, o Concello de Moeche incorpora unha nova data para satisfacer as peticións e que máis persoas podan gozar desta iniciativa.

Así, ás datas previstas súmase agora a posibilidade de solictar praza para o domingo 14 de agosto con dúas novas sesións: ás 10:00 e ás 12:00 horas. A inscricións pódense facer a partir do luns 1 de agosto, na Casa do Concello, no correo electrónico: correo@moeche.es ou no telefono 981.404.006. As prazas son limitadas a 20 participantes e o prezo é de catro euros.

As visitas están guiadas polo experto Francisco Canosa, doutor en Xeoloxía. A ruta dura aproximadamente unha hora e débese acudir con botas de auga, lanterna e casco. Desde o Concello avisan que ninguén poderá entrar na mina sen casco.

A mina Piquito é unha mina de cobre das últimas que se pecharon na década dos 60. Nela pódense observar formacións excepcionais de estalactitas e estalagmitas de diferentes cores: azul, verde, branca, marrón ou negra e rochas que permiten coñecer como era o fondo do mar hai uns 400 millóns de anos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies