FERROL360 | Xoves 15 agosto 2019 | 14:02
Todo a punto para celebrar unha nova edición do Festival Irmandiño de Moeche, que cumpre 40 anos de vida. A música está asegurada nesta XXXX edición do Festival Irmandiño coas actuacións de Sés, Huntza, Tecor Societario, Os Carecos e Saraibas, entre outros. Concertos que se complementará co asalto ao castelo, ademais de actividades para os peques da casa.
A festa rachada comezará o venres, ás 23.00 horas, co grupo de música tradicional A Requinta da Laxeira. Ás 00.30 horas haberá ademais unha repichoca popular. Xa o sábado, o Festival arrancará pola mañá, ás 10.00 horas, coa apertura do castelo e a exposición. Ás 14.00 horas comenzará a sesión vermú e pola tarde, ás 17.00 horas, terá lugar o asalto infantil ao castelo e dúas horas máis tarde haberá xogos populares.
Os concertos arrancarán ás 21.30 horas, coa agrupación Os Carecos, vidos desde Ortegal, seguidos de Saraibas, mítico grupo formado en San Sadurniño, que tocou no I Festival Irmandiño.
A continuación, será o turno de Sés como preludio do asalto ao castelo de Moeche. Os vascos Huntza serán os encargados de darlle continuidade á festa e para pechar a noite do sábado, música de Tecor Societario.
Xa o domingo haberás tres novas actuacións ao pé do castelo a cargo de Os Carecos, Os Feroces da Galgueira e De Ninghures, serán a partir das 14.00 horas.