Home / Ferrol / Moeche / Moeche celebra o seu día grande coa Feira do 23 de Abril

Moeche celebra o seu día grande coa Feira do 23 de Abril

ARY LÓPEZ | Mércores 23 abril 2014 | 17:29

A cita máis agardada do ano para os afeccionados ao mundo do cabalo ten lugar no municipio de Moeche. O 23 de abril significa para a localidade modestina unha festa que xira arredor do universo ecuestre e onde comparten a súa paixón os veciños do lugar con persoas chegadas de distintos puntos da península. É, ademais, unha data que favorece o turismo e impulsa o consumo na zona.

Dende primeira hora da mañá, foron chegando os primeiros visitantes ao recinto de San Ramón, aínda que, como asegura Urbano Villarnovo, o presidente da Asociación Ecuestre 23 de Abril de Moeche, «o comezo foi floxo, en comparación a outros anos». Xa ao mediodía, a estabilidade do tempo favoreceu que numerosos curiosos se achegaran á zona onde teñen lugar as diferentes actividades propias desta tradicional cita cabalar.

As carreiras de cabalos e os diferentes postos de roupa, comida, artesanía e material equino dan vida a un evento tradicional na comarca. De feito, según Villarnovo, a de Moeche «é unha das mellores feiras para os amantes dos cabalos». Tanto é así, que atrae a xente de toda Galicia, de Portugal e de diferentes puntos de España a competir, a intercambiar os seus produtos ou simplemente a coñecer esta festa secular. O único que lamenta Villarnovo é que «este ano non se ven moitas vendas de animais».

En torno ás 12:00 horas deron comezo as competicións equinas que aglutinaron un importante número de participantes e se prolongaron ata preto das 15:00 horas. Bo momento para facer o parón para xantar nos locais próximos e por suposto nos establecementos que acoden á feira. A clausura deste evento anual está prevista para as 20:00 horas.

Urbano Villarnovo é o presidente da Asociación Ecuestre 23 de Abril de Moeche (cedida)

Urbano Villarnovo é o presidente da Asociación Ecuestre 23 de Abril de Moeche (cedida)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies