Home / Cultura / Moeche celebrará os 40 anos do Festival Irmandiño do 16 ao 18 de agosto

Moeche celebrará os 40 anos do Festival Irmandiño do 16 ao 18 de agosto

Ses

FERROL360 | Martes 16 xullo 2019 | 9:30

O Festival Irmandiño de Moeche cumpre neste 2019, nada máis e nada menos, que 40 anos de vida. Para conmemorar esta importante data, a organización do evento diseñou un completo programa de concertos que foi desvelando nestes últimos días a través das súas redes sociais.

A música está asegurada nesta XXXX edición do Festival Irmandiño coas actuacións de Sés, Huntza, Tecor Societario, Os Carecos e Saraibas, entre outros. Concertos que se complementará co asalto ao castelo, ademais de actividades para os peques da casa.

A festa rachada comezará o venres co grupo de música tradicional A Requinta da Laxeira. Xa o sábado, o Festival arrancará co concerto de Os Carecos, vidos desde Ortegal, seguidos de Saraibas, mítico grupo formado en San Sadurniño, que tocou no I Festival Irmandiño.

A continuación, será o turno de Sés como preludio do asalto ao castelo de Moeche. Os vascos Huntza serán os encargados de darlle continuidade á festa e para pechar a noite do sábado, música de Tecor Societario.

Xa o domingo haberás tres novas actuacións a cargo de Os Carecos, Os Feroces da Galgueira e De Ninghures.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies