Home / Actualidad / Moeche inicia unha serie de asembleas veciñais nas que recoller propostas para os orzamentos

Moeche inicia unha serie de asembleas veciñais nas que recoller propostas para os orzamentos

FERROL360 | Mércores 21 outubro 2015 | 10:02

O Concello de Moeche porá en marcha este xoves unha serie de asembleas veciñais para coñecer as propostas dos veciños e tratar de incorporalas nos vindeiros orzamentos. A intención do goberno local é que os veciños poidan «achegar propostas e demandas que, desde uns criterios obxectivos, solidarios e uns límites legais», se poidan recoller nas contas locais.

Deste xeito, se inicia un proceso participación con xuntanzas abertas en todas as parroquias para propoñer e analizar as liñas de acción municipal para o 2016. Todos os veciños, residentes e empadroados no Concello de Moeche poderán participar nesta actvidade.

No caso de non poder acudir á asemblea veciñal, os interesados tamén poden entregar as súas propostas no Rexistro Municipal, ou no enderezo electrónico: correo@moeche.es, utilizando un modelo de ficha que se pode recoller na Casa do Concello ou descargar aquí,  a partir deste xoves 22 de outubro.

A primeira asemblea veciñar terá lugar na parroquia de San Xoán este xoves 22 de outubro. Será ás 19:30 horas, como todas estas xuntazas, e desenvolverase na Casa do Concello. A parroquia de Labacengos celebrará a súa asemblea o venres 23 de outubro, concretamente no local do Ventoeiro.

O martes 27 de outubro tocaralle o turno á parroquia de Abade e a xuntanza celebrarase no local social de Abade. A parroquia de Santa Cruz acollerá a asemblea veciñal o vindeiros martes 3 de novembro no local electoral e a parrquia de San Xurxo terá a súa xuntanza o mércores 4 de novembro, no local social do Pereiro.

As propostas deberán cumprir os seguintes requisitos mínimos: sempre serán asuntos de competencia municipal; estar localizadas en Moeche e ter un custo que poida inserirse no orzamento municipal.

Recollidas as propostas, os responsables municipais, técnicos e políticos, analizaranas, ordenaranse por prioridades conforme aos criterios expostos nas asembleas e faranse públicas.. Este proceso irase comletando e perfeccionando coa aprobación no ano 2016 dun Regulamento de participación veciñal, segundo indican desde o Concello de Moeche.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies