Home / Cultura / Moeche rende homenaxe a Manuel María con distintos actos ao longo do mes

Moeche rende homenaxe a Manuel María con distintos actos ao longo do mes

FERROL360 | Domingo 15 maio 2016 | 9:51

Arrancan este domingo as actividades que o Concello de Moeche preparou para os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas dedicado a Manuel María.

A partir das 18:30 horas terá lugar no castelo modestino un espectáculo a cargo de Pedro Brandariz titulado Os contos da espiña do toxo, unha peza baseada nunha obra do poeta homenaxeado este ano.

A el tamén se lle dedica unha exposición que ten lugar na Casa do Concello baixo o título de Manuel María, a nosa palabra.

Por outra banda, o Consistorio anima á veciñanza a inscribirse nunha excursión que se realizará á casa natal do escritor, en Outeiro de Rei, o vindeiro 12 de xuño, que concluirá cunha visita ao Castro de Viladonga. Os menores de doce anos viaxarán gratis mentres que os adultos deberán pagar 4 euros. As inscricións poden realizarse na Casa do Concello.

O programa complétase coa  entrega de exemplares da obra de Manuel María ás aulas do CEIP San Ramón.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies