Home / Cultura / Monólogos e teatro este venres e sábado en Fene

Monólogos e teatro este venres e sábado en Fene

FERROL360 | Mércores 22 abril 2015 | 19:47

A Casa de Cultura de Fene acolle este venres o monólogo de Federico Pérez Ración de Breogán. A cita, que comezará ás 20:00 horas, enmárcase dentro do ciclo de monólogos programado polo Concello para conmemorar o «Día dos Museos».

A entrada é de balde, aínda que será preciso retirar invitación, dúas como máximo por persoa, na Casa da Cultura o mesmo día do espectáculo dende as 16:00 horas.

Federico Pérez é o encargado de darlle vida a Moncho, o protagonista da popular serie televisiva Era Visto!, que cada noite emite a Televisión de Galicia, e a Josito, en Padre Casares.

Neste monólogo interpreta a un sorprendente Breogán, que en rexistro cómico conta como fundou Galicia, desmontando mitos sobre a identidade galega.

Sábado de teatro

O grupo de teatro Ultreia de Ortigueira porá en escea este sábado a obra teatral La Venganza de don Mendo. A representación será no local da CCRD de Perlío e principiará ás 20:00 horas, con entrada de balde.

Banner Odeon

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies