Home / Sociedad / En femenino / Monólogos, obradoiros, zumba e actuacións musicais para sensibilizar contra a violencia de xénero

Monólogos, obradoiros, zumba e actuacións musicais para sensibilizar contra a violencia de xénero

FERROL360 | Mércores 25 febreiro 2015 | 11:24

«No amor non todo vale», é o título da nova campaña que a Deputación da Coruña pon en marcha para sensibilizar aos máis xoves sobre a igualdade e contra a violencia de xénero. Na nosa comarca, o programa desenvolverase en Fene, este venres, de 16:00 a 20:00 horas na praza do Concello.

Así, haberá photocalls, monólogos, actuacións musicais, sesións de zumba, mercados solidarios, obradoiros de marionetas ou clases de defensa persoal, entre outros. Todas elas actividades lúdico-educativas enfocadas a fomentar a igualdade de sexos.

Nas actividades, ademais dos propios concellos, participarán tamén asociacións de pais e nais, docentes, o tecido asociativo e público en xeral co obxectivo de que todos colaboren na concienciación e sensibilización nesta materia, fomentando a tolerancia cero con esta lacra social e promovendo estratexias educativas de prevención.

Publicidad

Gala do Deporte Ferrolán

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies