Home / Actualidad / Morre Antón Varela, lenda da música tradicional galega

Morre Antón Varela, lenda da música tradicional galega

Antón Varela mantenía su estudio en el casco histórico (foto: Elai-Alai Feria de Folklore de Portugal)

Antón Varela tivo o seu local de traballo no casco histórico (foto: Elai-Alai Portugalete)

FERROL360 | Martes 25 xullo 2017 | 20:35

Amante da terra como poucos, morreu este martes, Día da Patria. O músico Antón Varela deixa un valiosísimo legado vinculado coa música tradicional galega. Nado en Ferrol en 1955, a súa traxectoria contempla facetas como artesán, intérprete e compositor.

Membro do emblemático grupo Os Cempés, tamén formou parte dos Raparigos e Berros do Castro. Luthier de prestixio a nivel europeo, mantivo en plena actividade o seu local de traballo ata que a súa enfermidade fixo imposible a súa tarefa diaria en datas recentes.

Agora instalado na rúa Madalena, estivo aberto durante anos nun coñecido baixo da rúa San Francisco, dende o cal o son das súas gaitas animaba os días a veciños e visitantes na vía neurálxica de Ferrol Vello. O seu traballo levou a que asistise a numerosas citas de todo o continente como reputado especialista neste eido.

Dunha popular familia relacionada con Canido, os seus irmáns Paco e Pepe foron parte destacada dunha xeración de xornalistas dende La Voz de Galicia. O edil de Cultura, Suso Basterrechea, expresou en redes sociais a súa tristura e a Xunta de Confrarías da Semana Santa un «fondo sentimento de dor». O seu presidente, César Carreño, di que «apreciaba moito» ao finado.

2 comentarios

  1. Una noticia muy triste para la música y la cultura de GAlicia.

  2. Mala noticia ,unha de esas persoas que non tiñan que morrer ,non téñense en conta ata que finan ,ata sempre Antón

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies