Home / Cultura / Mugardos acollerá nove escolas de baile da contorna no II Festival MuDanzas

Mugardos acollerá nove escolas de baile da contorna no II Festival MuDanzas

FERROL360 | Mércores 4 xullo 2018 | 14:13

Mugardos celebra os próximos días 6,7 e 8 de xullo a segunda edición do Festival MuDanzas. O evento promovido pola Concellería de Cultura en colaboración co club local Móvete acollerá nove escolas da contorna que levarán a cabo diferentes estilos de danza e espectáculos na rúa.

Uns 125 alumnos e alumnas pertencentes as seguintes escolas: club Móvete de Mugardos, Camino del Rocío, Ladies Mugardos, a escola de Suso Pérez Lago, as naronesas CBD e All Dance Studio, a fenesa de Boris Pico, Gym Xiros das Pontes e o ximnasio Fitness Fene participarán no festival.

Os estudantes de danza poderán disfrutar das ensinanzas de destacados profesores chegados de toda España que darán cursos intensivos, dunha hora de duración, de ballet clásico, contemporáneo, danza coreográfica, danzas urbanas, baile tradicional, sevillanas, zumba, lírico, salsa e bachata.

As modalidades que máis interese espertaron foron as de hip-hop, salsa e bachata cuns vinte alumnos inscritos. O festival comezará o venres 6 de xullo, pola tarde, e prolongarase durante toda a fin de semana con clases no Casino Mugardés como na escola das Lagoas.

Unha vez rematen as clases os alumnos demostrarán todo o aprendido en forma de actuación no Cantón de Cora e nas súas inmediacións durante a tarde do sábado e o domingo pola mañá.

O público en xeral poderá gozar de diferentes espectáculos na rúa que converterán á vila nun gran escenario no que bailar. O sábado ás 19.30 horas a compañía valenciana EnAmbar traerá a Mugardos o espectáculo Mukuki, pensado para o público infantil.

Finalmente, o domingo ao mediodía está prevista a actuación da Escola de Música Presto Vivace de A Coruña, que ofrecerá as súas coreografías dinámicas e divertidas, encadradas nun estilo de danza urbana e contemporánea.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*