Home / Deportes / Atletismo / Carreras populares / Mugardos organiza a segunda edición da Milla Nocturna

Mugardos organiza a segunda edición da Milla Nocturna

FERROL360 | Mércores 28 febreiro 2018 | 9:45

O Concello de Mugardos ven de abrir a inscrición para a II Milla Nocturna, que se desenvolverá o vindeiro 17 de marzo. A proba percorrerá un circuíto empedrado pola Avenida do Mar e as distancias adaptaranse ás diferentes categorías, desde os 150 metros para os prebenxamíns ata os 1.609 metros, a milla, de alevín en adiante.

As persoas interesadas en participar poden apuntarse antes do 14 de marzo nesta web. A inscrición é gratuíta nas categorías inferiores, ata xuvenil-junior, e a partir dela ten un prezo de cinco euros. Haberá premios para os tres primeiros clasificados en todas as categorías menos nas de brebenxamíns e sub-10, nas que todos corredores e corredoras recibirán un detalle.

A saída e a meta serán no Parque da Constitución, situado ao final do peirao. Os dorsais poderanse recoller no Club do Mar, entre as 17.30 horas e media hora antes do inicio da proba. A saída para os participantes máis pequenos será ás 19.30 horas e a partir de ahí daranse as do resto das categorías atá as 20.50, cando comezará a última proba.

Ao finalizar, todos estarán invitados a un chocolate con doces.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies