Home / Ferrol / Mugardos / Mugardos quere convertir a casa natal de Bello Piñeiro nun Centro Sociocultural

Mugardos quere convertir a casa natal de Bello Piñeiro nun Centro Sociocultural

La casa Bello Piñeiro en Mugardos (foto: cedida)

A casa Bello Piñeiro en Mugardos (foto: cedida)

FERROL360 | Sábado 27 abril 2019 | 20:04

O Concello de Mugardos asinou un acordo co Arcebispado de Santiago para o uso da casa natal de Bello Piñeiro. A intención do Concello é destinar esta propiedade da Igrexa nun Centro Sociocultural para a parroquia do Seixo. No documento asinado, ambas partes manifestan a súa «vontade de establecer unha negociación sobre a posible cesión en uso ou venda» da finca.

A casa do pintor Felipe Bello Piñeiro está situada no número 125 da Avenida do Seixo e atópase nun estado de abandono total. A proposta do Concello pasa por rehabilitar o inmoble, unha construción tradicional de dous plantas con dúas galerías e un balcón na primeira planta, para darlle usos socioculturais.

O goberno local tamén ten interese en habilitar un aparcadoiro para 11 vehículos e un xardín nos terreos da finca. Unha das prazas sería adaptada, tamén habería espazo para bicicletas e o xardín dotariase de iluminación e mobiliario con árbores decorativas, especies tradicionais e de sombra.

Así, con este protocolo asinado será posible levar adiante as obras e reparacións necesarias ademais de recuperar os murais de Bello Piñeiro que existen na casa.

Grazas ao convenio, «a casa de Bello Piñeiro sairá do seu abandono actual e converterase nun centro para a dinamización da vida sociocultural do Seixo», destacou a alcaldesa.

A rexedora de Mugardos, Pilar Díaz, expresou a súa satisfacción dunha vella aspiración do Concello, xa que dende o 2014 mostrará interese en recuperar os xardíns da finca.

A adquisición dos terreos que abranguen a casa e os xardíns circundantes forman parte dunha posible compra a excepción do edificio adosado a casa destinada a capela que seguirá en propiedade do Arcebispado.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies