Home / Cultura / Mugardos será un grande escenario de danza co II Festival MuDanzas

Mugardos será un grande escenario de danza co II Festival MuDanzas

FERROL360 | Xoves 3 maio 2018 | 9:10

O II Festival MuDanzas celebrarase en Mugardos os días 6,7 e 8 de xullo e combinará as clases de diferentes estilos de danza, a cargo de destacados profesores chegados de toda España, cos espectáculos na rúa. Unha convocatoria única en Ferrolterra e que converterá á vila nun grande escenario no que bailar.

Este ano a cita terá lugar no mes de xullo para aproveitar que no período estival Mugardos concentra a moitos visitantes de fóra. Así, comezará o venres 6 de xullo, pola tarde, e prolongarase durante toda a fin de semana en dous espazos diferentes: As Lagoas e, con toda probabilidade, o Casino Mugardés.

Haberá cursos intensivos, dunha hora de duración, de ballet clásico, contemporáneo, danza coreográfica, danzas urbanas, baile tradicional, sevillanas, zumba, lírico, salsa e bachata.

Na nómina de profesores están xa confirmados nomes relevantes do panorama nacional como Sara Vicente, directora e coreógrafa da escola de danzas urbanas de Madrid The Other School; o catalán Eric Martín Flores, director e coreógrafo do grupo I’MM Company; José de la Paz, procedente de Madrid y con gran experiencia en bailes latinos; o Sandra Fernández, da escuela valenciana EnAmbar Danza.

O público en xeral tamén poderá gozar de diferentes espectáculos na rúa. Así, a compañía valenciana
EnAmbar traerá a Mugardos o espectáculo Mukuki, pensado para o público infantil. Esta función, xunto coas exhibicións dos alumnos dos diferentes cursos, compondrán un intenso programa de actuacións no Cantón de Cora e nas súas inmediacións durante a tarde do sábado.

O domingo ao mediodía está prevista a actuación da Escola de Música Presto Vivace da Coruña, que ofrecerá as súas coreografías dinámicas e divertidas, encadradas nun estilo de danza urbana e contemporánea. Será a clausura oficial do festival.

Agora comeza unha intensa etapa de divulgación para traer o maior número de alumnos de danzas de todos os estilos ao festival. As persoas interesadas poden inscribirse xa chamando ao teléfono 651 749 677 ou enviando un mail a clubmovetemdf@gmail.com.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*