FERROL360 | Xoves 4 setembro 2014 | 10:38
A entidade Muíño do Vento inicia o novo curso este domingo cunha ruta polos muíños de Esmelle, guiados por Paulino Gasalla, do colectivo Proxecto Esmelle. A saída será ás 11:00 horas do local da Asociación de Veciños de Esmelle, lugar ao que regresarán para o xantar.
Desde a asociación indican que o xantar se pode encargar alí, así como levar da casa. Pola tarde, visitarán o castro de Esmelle. O percorrido é de dificultade media e terá unha duración aproximada de tres horas. Non é necesario inscribirse.