Home / Eume / Cabanas / Música e comida en Cabanas para pechar o ano

Música e comida en Cabanas para pechar o ano

FERROL360 | Domingo 22 decembro 2019 | 11:40

Cabanas organiza un Xantar de Fin de Ano aberto a toda a veciñanza. Trátase dun evento festivo destinado a toda as persoas do Concello, no que se combinará o xantar cunha actuación musical.

A comida terá lugar o vindeiro venres 27 de decembro ás 14:30h no Pavillón de Lavandeira e terá un prezo de 25 euros por persoa.

Todas as persoas interesadas en apuntarse deben facelo chamando ao 981 495 959 ou de forma presencial nas dependencias do Concello até as 14:00 horas do luns 23.

O menú está composto por entrantes variados como empanada artesá do mar, milfolla de filloa rechea de verduriñas e lombos de bonito, cruxiente de xouba marinada, crema de queixo e marmelada de tomate, chupa chups de queixo con chourizo do Courel, croquetiñas de marisco con punto de alioli e paelliñas de arroz cego.

O prato principal será xarrete de tenreira e pataca asada cunha tarta de milfolla como sobremesa e acompañado de viño branco e tinto, auga, refrescos, vermouth e cervexa.

A xente que teña alerxias ou intolerencias pode solicitar unha alternativa vegana ou adaptada as súas necesidades.

«Con este evento pretendemos xuntar á veciñanza de Cabanas nunha actividade festiva», sinalou Diana Rodríguez, concelleira de cultura, quen tamén destacou a posibilidade de escoller menús adaptados para necesidades especiais «para que todo o mundo poida asistir», concluíu.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies