Home / Ferrol / Fene / Música, inglés, cociña, cómic e fotografía, actividades para o novo curso en Fene

Música, inglés, cociña, cómic e fotografía, actividades para o novo curso en Fene

FERROL360 | Domingo 27 setembro 2015 | 16:46

Fene abrirá o día 1 de outubro o prazo para inscribirse nas escolas culturais e cursiños TIC previstos para este curso. Haberá música, inglés, cociña, cómic e fotografía, entre outras actividades. Así, en música haberá: solfeo-piano, guitarra iniciación e perfeccionamento; en inglés haberá dous obradoiros, un para nenos e outro para maiores de 13 anos.

Repetirase o obradoiro «Licenza para rir» en introducción e nivel continuidade. Con esta actividade, dirixida a maiores de 18 anos, preténdese coñecer e valorar as potencialidades terapéuticas e curativas da risa, utilizar a risa como ferramenta favorecedora da comunicación e axudar ao corpo e á mente a afrontar positivamente calquera situación de estrés.

Tamén se organiza, como novidade, un obradoiro de cómic para maiores de 16 anos. Coñecer as técnicas de debuxo no mundo do cómic, conceptos básicos da arte secuencial, a construción dos espazos de cada viñeta e a creación de personaxes, son algúns dos obxectivos desta actividade coa que se organizará, ao remate das clases, unha exposición colectiva cos traballos realizados.

Un obradoiro de fotografía de nivel básico para maiores de 16 anos e outro de cociña para vagos, dirixido a maiores de 18 anos, completan a oferta de obradoiros culturais do Concello de Fene.

Os interesados en participar deben inscribirse nas dependencias administrativas do pavillón A Xunqueira de San Valentín ata o xoves 8 de outubro. Os feneses poderán anotarse desde o día 1 e a poboación en xeral a partires do día 6. O horario será de 8:30 a 14:30 horas e de 16:00 a 19:00 horas o xoves 1 e o mércores 7 de outubro.

Cursiños TIC

No apartado de cursiños TIC haberá tres accións formativas. A primeira, «Redes sociais para principiantes», pretende que os participantes adquiran os coñecementos necesarios para empregar as principais redes sociais como Facebook, Twitter ou Linkedin. Tamén se organiza un curso de «Introducción a Internet» e outro de «Introducción á ofimática».

Para máis información sobre as escolas, obradoiros ou cursiños TIC que organiza a Concellería de Cultura e Ensino de Fene, pódese chamar ao teléfono 981.34.03.66 ou consultar a normativa xeral de matriculación das devanditas escolas na páxina web municipal www.fenecidadan.net.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies