Home / Sociedad / Empleo / Narón abre o prazo de matrícula en tres cursos dirixidos a mulleres desempregadas do municipio

Narón abre o prazo de matrícula en tres cursos dirixidos a mulleres desempregadas do municipio

FERROL360 | Mércores 16 setembro 2015 | 11:15

Igualdade por medio da educación, confección e organización, e xestión familiar, son os tres cursos que a Concellería de Igualdade de Narón pon en marcha a través do II Plan Municipal de Igualdade. O prazo de matrícula para inscribirse nestes programas xa está aberto e estarán dirixidos a mulleres desempregadas do municipio e maiores de 18 anos.

O curso de Igualdade por medio da educación desenvolverase desde o mese de outubro e ata o mes de xuño na Casa da Mocidade. As clases serán os luns, mércores e xoves en horario de 16.30 a 19.30 horas. Hai 25 prazas e as participantes formaranse en lectura, escritura, xeografía, inglés, galego e cálculo.

O obradoiro de Confección impartirase nos mesmos meses no Centro Municipal de Formación, coa finalidade de que as asistentes adquiran destreza no manexo da máquina de coser, aproveitamento de materiais e patronaxe. En total haberá vinte participantes, que se distribuirán en dous grupos en función dos seus coñecementos previos.

Así, haberá un grupo terá clases os luns, mércores e venres de 09.30 a 12.30 horas e o outro os martes e xoves de 09.30 a 12.30 horas. Nas clases, as alumnas recibirán os coñecementos necesarios para poder elaborar pezas de vestir, desenvolvendo a súa creatividade e abaratando os custos derivados de mercar roupa.

Un total de 48 mulleres son as destinatarias do obradoiro de Organización e xestión familiar, que se desenvolverá de outubro a xuño na Casa da Mocidade e no colexio de San Mateo. As clases serán en dous grupos: un deles o luns, mércores e venres de 09.30 a 12.30 horas e o outro os martes e xoves de 09.30 a 12.30 horas.

As sesións permitirán formar ao alumnado en habilidades que melloren os seus hábitos domésticos e dotalas doutras de carácter social e prelaboral, como xestión económica e do tempo, alimentación, organización do traballo e desenvolvemento de roles familiares, entre outros.

As interesadas en participar deben presentar as instancias, xunto cunha fotocopia do DNI e outra da tarxeta de demandante de emprego, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 08.30 a 13.00 horas. O prazo de inscrición rematará o vindeiro 29 de setembro.

Para obter máis información sobre estes cursos pódese chamar ao Servizo Sociocomunitario Municipal, ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1113 e 1115). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, sendo necesario superar unha proba de nivel moi básica entre os admitidos no curso de Confección.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies